domingo, 27 de mayo de 2012

MESA REDONDA: 40 ANOS DAS FOLGAS DO 72

ÁS 12:00 HORAS, ESCENARIO DA FESTA desenvolverase unha mesa redonda na que se lembrarán os sucesos do 72 en Ferrol e Vigo. As Folgas do 72 significaron un fito histórico na loita dos e das comunistas contra a ditadura franquista e na procura de dereitos laborais para os traballadores e traballadoras.

Para esta mesa contaremos coa participación de dous figuras esenciais para entender o sindicalismo de clase deste país e os propios sucesos do 72, o camarada Waldino Varela, fundador das CCOO en Vulcano en Vigo e primeiro secretario provincial deste sindicato en Pontevedra.


Igualmente estará Rafael Pillado, ex-secretario xeral do PCG, detido no proceso coñecido como o dos "23 de Ferrol" e figura esencial do desenvolvemento folguistico nesta cidade.

Presentará o acto Sari Alabau, ex-concelleira do PCG e EU en Ferrol e procesada tamén no PROCESO DOS 23 en 1972

No hay comentarios:

Publicar un comentario