miércoles, 18 de junio de 2014

SORTEO BONOS FESTA PCG 2014

Celebrado o sorteo realizado hoxe luns (estábamos esperando algunha
liquidación de bonos pedente para evitar meter no sorteo bonos non
vendidos) o resultado do mesmo é
- 1º PREMIO: FIN DE SEMANA PARA DÚAS PERSONAS EN CASA DE TURISMO
RURAL: Nº 345
- 2º PREMIO: LOTE DE LIBROS: Nº 1231
- 3º PREMIO: REPRODUCCIÓN DO CADRO O MOUCHO DE XAIME QUESSADA: Nº 23

lunes, 9 de junio de 2014

CONCERTOS, XANTAR POPULAR, BAR, COLOQUIOS E MOITO MÁIS NA FESTA DO PCG DESTA FIN DE SEMÁN

Un ano máis a Festa do PCG chega a Ferrol cun programa de lecer e compromiso político. Participarán entre outros Xosé Luis Centella, secretario xeral do PCE, Manuel Monereo, responsable de extensión cultural de IU, Yolanda Díaz, vicevoceira de AGE, Carlos Portomeñe, Secretario Xeral do PCG.....

Un espazo de solidariedade donde teredes servizo de barra, xantar a prezos populares ademais de concertos, conferencias e coloquios abertos, etc....






jueves, 5 de junio de 2014

PROGRAMA DA FESTA DO PCG

14 DE XUÑO 2014
FERROL

PROGRAMA DA FESTA DO PCG

11:00 Izado de bandeira.

12:00 Carpa 1: Conferencia " Rebelión democrática e social e proceso constituínte”. Falarán:

  • José Luis Centella (Secretario Xeral do PCE)
  • Yolanda Díaz (Coordinadora Nacional de EU, vicevoceira de AGE no Parlamento Galego)
  • Manuel Monereo (Resp. de extensión teórica e cultural de IU)


13:30 Carpa 2: “ 25 anos Dolores vive”.
Proxección vídeo. Falarán:

Carlos Portomeñe: Secretario Xeral do PCG
Gloria Aguilar: Responsable de Movemento Republicano do PCE

14:30 Xantar

17:00 Carpa 2: Charla da XCG " Soñar co futuro, loitando". Falarán:
  •  Brais Álvarez
  •  Nerea González

18:30 Carpa 1: Actuación do cantautor Rubén Artabe

18:30 Carpa 2: “A (in)visibilidade da muller na clandestinidade”. Falarán:
  •  Sari Alabau
  •  Gloria Aguilar

19:30 Mitin

21:30 Concerto:
  • EMANENS BAND
  • RIFF-RAFF                                                                                                

lunes, 12 de mayo de 2014

O PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA CELEBRARÁ A SÚA FESTA O 14 DE XUÑO EN FERROL

Un ano máis volta a FESTA DO PCG que vaise celebrar o vindeiro sábado 14 de xuño no Paseo Marítimo de Caranza en Ferrol.

Nas sedes do PCG xa tedes á venta os bonos axuda para facer desta festa un éxito.

Podes consultar os enderezos das nosas sede en:

http://www.pcgalicia.org/index.php/contacto/



miércoles, 6 de junio de 2012

O PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA CELEBROU O SÁBADO 2 DE XUÑO EN FERROL A SÚA FESTA COA PARTICIPACIÓN DE JOSÉ LUIS CENTELLA

A última edición celebrárase en 1986 tamén en Ferrol.

coloquio 40 ANOS DAS FOLGAS DE 1972
O Partido Comunista de Galicia celebrou a súa Festa este sábado 2 de xuño en Ferrol, no Paseo Marítimo de Caranza, na rúa Cartagena. Unha Festa que estivo enmarcada nun contexto de crise económica, de recortes sociais e de involución democrática que para o PCG requiren dunha mobilización constante dos e das comunistas galegos con dous obxectivos fundamentais: non perder as conquistas sociais e políticas das que os comunistas foron protagonistas no século pasado e avanzar cara a consecución dunha sociedade alternativa ao sistema capitalista, no socialismo do século XXI.

Por primeira vez en vinteseis anos o Partido Comunista de Galicia recuperou a tradición da Festa dos e das comunistas galegas, unha xornada de lecer e compromiso coa que o PCG ven a sumarse ás numerosas que o PCE celebra en todo o estado e que culminan na Festa do PCE en setembro en San Fernando de Henares. Este ano a festa céntrouse no pasado e futuro do sindicalismo de clase, no marco dos 40 anos das Folgas de 1972 e na celebración do 90 aniversario da fundación do PCE.

No transcurso da Festa do PCG desenvolveronse coloquios, concertos, gastronomía, e exposicións, entre outros, ademáis do mitin central.


coloquio O FUTURO DO SINDICALISMO
En canto aos coloquios, o primeiro deles baixo o título de “40 anos das folgas de 1972" contou coa participación de Rafael Pillado, ex-secretario xeral do PCG e dirixente obreiro no 72 ferrolano; Waldino Varela, fundador das CCOO en Vulcano e dirixente obreiro do 72 vigués e Sari Alabau, ex-concelleira do PCG e EU en Ferrol e represaliada no 72.

O seguinte coloquio analizou o “O futuro do sindicalismo de clase” e contou coa participación de Víctor Ledo, das CCOO de Ferrol José Luis Pedrosa, Secretario Comarcal de CCOO en Pontevedra, e Rubén Pérez, secretario de organización do PCG en Galicia e coordinador de
EU en Vigo.

O terceiro coloquio analizou “Os retos da esquerda alternativa” e nel participaron José Luis Centella, Secretario Xeral do PCE, deputado e responsable federal de Política Institucional de IU; Yolanda Díaz, Coordinadora Nacional de EU e membro da Executiva federal de IU e Carlos Portomeñe, Secretario Xeral do PCG e membro da Presidencia federal de IU.

Durante o percurso da Festa estivo exposta a exposición "MERCEDES NÚÑEZ TARGA, O VALOR DA MEMORIA", unha exposición sobre a vida da histórica militante comunista, fundadora do PCG, secretaria de Pablo Neruda, represaliada polo franquismo, combatente nas filas da Resistencia francesa e presa nos campos de concentración nazis.


O mitin político foi o acto político central no que participaron José Luis Centella, Carlos Portomeñe e Carlos Álvarez, Secretario Xeral das Xuventudes Comunistas Galegas.


A partir das 22:00 horas desenvolveronse  os concertos a cargo das bandas El viejo caracol, M&M’S BAND e La Sentina.







lunes, 4 de junio de 2012

SORTEO BONOS AXUDA FESTA DO PCG

Estos son os BONOS premiados da FESTA DO PCG 2012:

FIN DE SEMÁN PARA DÚAS PERSOAS
Nº 0659

LOTE DE LIBROS DE NUESTRA BANDERA
Nº 0219




Os premiados podedes contactar coa organización da FESTA en:

organizacion@pcgalicia.org
ou
info@pcgalicia.org

Nóraboa